Saída: Roteiro por Coia


ROTEIRO POR COIA

O xoves 21 de outubro, 1º de Bacharelato A, B fixemos unha saída dende o noso instituto ata samil facendo paradas nalguns sitios onde os profesores nos explicaban algunhas cousas. 


Esta é a primeira foto que fixen e foi nada máis saír do instituto onde os profesores contaronnos o que íamos facer e que tiñamos que sacar fotos a fauna e a flora que íamos observando. Cada un foise co seu grupo de amigos e seguimos aos profes.







A primeira parada que fixemos foi diante da pedra que está na entrada do parque da Bouza. Alí os profes comezaron a contarnos a historia de que antes todo iso era terra e querían edificar. Pero a xente pediu que non e que o deixaran como parque onde puidera xogar a xente. Ademáis  tamén leeron uns versos onde dicían que pasabamos moito tempo diante dunha pantalla e que andar e bó tanto para o corpo como para o cerebro. 




O seguinte  que fixemos foi comezar a baixar pola zona traseira da bouza para ir camiño ao Lagares. Nesta zona pódese ver os grandes arbores que rodean a especie de lago que hai na Bouza. Tiña bastante auga aínda que non vimos moitos patos. 



 Seguimos o noso camino cara ao inicio do Río Lagares e na baixada atopamos este edificio pintado.   Este edificio é un de todos os graffitis artísticos que se fixeron no ano 2019. A continuación os deixo unha foto de google maps onde está situado.


 E despois de andar uns 8 minutos chegamos ao inicio do tramo do lagares. Aquí foi a última parada onde nos dixeron que se tiñamos suerte veriamos alguns patos. Tamén nos explicaron que logo ao chegar a Samil tiñamos unha hora libre e que para camiñar cada persoa iba ao seu ritmo así que foramos con calma. Facía un bó día a verdade. 





 Durante o camiño puidemos observar a abundante flora que rodea o río do lagares. Chamounos a atención a árbore torcida que estaba apunto de caer ao río





Ademáis tamén pudimos observar a varios patos na auga. 
Aínda que o caudal do río non era moi elevado. 




Polo camino vimos varios pontes moi bonitos, pero esta é unha das mellores fotos desta saída. Está no inicio do tramo de Navia cara Samil. Ademáis o día acompañaba moi ben a foto. 
 
 Esta é a última foto de esta saída e é de cando chegamos a Samil. Despois disto deixáronnos unha hora libre onde aproveitamos para dar un paseo pola praia e comer algo. A volta a fixemos cada un por onde quería e como nosotros íamos a quedarnos pola zona de Navia fomos por Navia Vella.




FIN

 









Comentarios

Entradas populares